jueves, 18 de octubre de 2018

CIENCIAS NATURAIS TEMA 1


Atopei esta información no libro de naturais. Pode ser importante para o control. 

A nutrición: A nutrición é o conxunto de procesos mediante os cales obtemos a eenerxía e os materiais que necesitamos.
A respiración celular: A respiración celular é un conxunto de reaccións químicas que acontecen nas células. Nelas, os nutrientes combínanse con osíxeno e producen enerxía.
Os nutrientes: Os nutrientes son substancias simples que producen enerxía ou nos serven como materiais, pódense clasificar en:            Hidratos de Carbono ou glícidos(pan e a pasta) graxas ou lípidos:(manteiga e aceite de oliva) proteínas(carne e ovos) vitaminas(froitas e verduras crúas) e auga e saes minerais(auga e froita).
A dixestión: A dixestión comeza na boca, e coa lingua, os dentes e a saliva, mestúrase todo. No estómago mézclase cos zumes gástricos e forma o quimo. No intestino delgado prodúcese a absorción, que é o paso dos nutrientes ao sangue. As substancias nos dixeridas van o intestino groso.
A respiración: A respiración comeza nas fosas nasais, é, de ahí, baixa cara a farinxe, pasa pola larinxe e chega os bronquios, que reparten o aire polos dous pulmóns. Vai polos bronquíolos e chega aos alvéolos pulmonares, que ahí, vaise producir o intercambio de gases, os alvéolos pulmonares levan o osíxeno ao sangue é, a súa vez, colle o dióxido de carbono, que será expulsado pola expiración.
 Dieta sa: Para mantenernos sans, fai falta seguir unha dieta variada e equilibrada, para iso fai falta almorzar ben, comer variado, repartir os alimentos,tomar alimentos ricos en fibra e evitar o exceso de graxas.
Os efectos do tabaco: A nicotina, que causa dependencia, o alcatrán, que dana as vías respiratorias, e o monóxido de carbono, que fai que o sangue non sexa capaz de levar a mesma cantidade de osíxeno. 

Feito por Pablo, 6ºA.

No hay comentarios:

Publicar un comentario