A dieta
A dieta é o conxunto de alimentos que habitualmente come unha persoa. Para coidar o noso aparello dixestivo é moi importante ter unha alimentacion saudable, o cal tamén mellorará a saúde de todo o noso organismo.
Unha dieta saudable debe ser equilibrada, é dicir, proporcionar a cantidade nescesaria de cada nutriente dependendo das necesidades de cada persoa en función da súa idade ,sexo, actividade física, etc...
Para conseguir unha dieta equilibrada pódense seguir algúns destes consellos:
- Almorzar ben: O almorzo é unha comida moi importante, pois levamos toda a noite sen comer e dános a enerxía que precisamos para as tarefas da maña.
- Comer alimentos variados: Deste xeito, obteremos todos os nutrientes que necesitamos. Hai que comer froitas e verduras todos os días e reducir o consumo de carne.
- Repartir os alimentos ao longo do día: Así, dispoñemos sempre dos nutrientes e da enerxía necesarios. Recoméndase tomar alimentos cinco veces ao día.
- Tomar alimentos ricos en fibra: A fibra encóntrase en alimentos de orixe vexetal como a froita, a verdura e os cereais integrais. A fibra non é un nutriente, pero é fundamental porque favorece que os alimentos se movan polo tubo dixestivo e contribúe e mantelo san.
- Evitar o exceso de graxas e de alimentos que conteñan moito azucre: É importante evitar as graxas de orixe animal, os refrescos e os bolos e pasteis industriais. Estes alimentos fannos engordar e poden favorecer que aparezan enfermidades como a diabetes ou a hipertensión.
Desta información decidín facer este traballo.
Feito por: Ruth Silva de 6ºA.
Perfecto. Moi bo traballo. Noraboa :)
ResponderEliminargraxas :)
ResponderEliminarParabéns, fermosa filla. Estou moi orgulloso de ti. Te amo O teu pai de Bos Aires, Arxentina.
ResponderEliminar